Recoméndase unha aplicación constante e seria no estudo da materia.
O alumnado deberá consultar a plataforma de axuda á docencia (www.moovi.uvigo.gal) con asiduidade e, en calquera caso, sempre antes das sesións presenciais, xa que moitos dos materiais utilizados nas clases serán colgados nesa plataforma con antelación.
Durante as clases, o alumnado non poderá utilizar dispositivos móbiles nin computadores, a non ser que a docente permita ou requira a utilización destes dispositivos con algunha finalidade pedagóxica.
Cómpre lembrar ao alumnado que debe respectar os dereitos de copyright, tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados polos docentes na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia.
|