Actividades encamiñadas a tomar contacto co alumnado, a presentar a materia (obxectivos, contidos e sistema de avaliación), así como a presentar unha visión panorámica do eido da lingüística contrastiva dende a súa orixe ata a actualidade.
Lección maxistral
Exposición por parte das profesoras dos contidos teóricos da materia seguindo o temario.
Resolución de problemas
Resolución individual ou en grupos de problemas, exercicios prácticos e/ou actividades de lingüística contrastiva dirixidos aplicando as técnicas expostas na lección maxistral. Son un complemento das sesións maxistrais.
Traballo tutelado
Realización de traballos escritos individuais supervisados.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000