Resolución de problemas |
Resolución de exercicios, problemas ou pequenos traballos que o alumnado realizará en clase ou de forma autónoma fóra da aula. A porcentaxe de cada proba varía dependendo dos contidos da mesma, cun mínimo de 5% e un máximo de 20%. O valor global de todas as probas suma 55%. |
55 |
|
B1 B6 B7 B8
|
C3 C11
|
|
(I) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTASA avaliación consiste de 3 compoñentes como se describe na parte superior: - 15% = Participación e implicación do alumnado.
- 55% = Resolución de exercicios e traballos prácticos na clase ou de forma autónoma. Dependendo do tipo de exercicio, a entrega será por escrito ou mediante a plataforma de teledocencia. A entrega de exercicios terá lugar ao longo do cuadrimestre. A porcentaxe de cada proba varía dependendo dos contidos da mesma, cun mínimo de 5% e un máximo de 20%.
- 30% = Presentación oral dun traballo práctico que terá lugar despois das sesións maxistrais nunha data a concretar co alumnado. A presentación deberá ir acompañada dunha Power Point, que serán entregada con antelación mediante a plataforma de teledocencia.
(II) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS O alumnado deberá repetir as partes suspensas na primeira convocatoria, se estas son os exercicios prácticos ou presentación; a avaliación da participación non é recuperable. Nesta segunda oportunidade o traballo final será en formato essay, cunha extensión entre 2000 e 3000 palabras, excluíndo referencias.
(III) ALUMNADO OFICIALMENTE EXENTO DE ASISTIR A CLASE O alumnado entregará todos os exercicios cun valor de 60% e entregará un traballo final en formato essay con valor de 40% da nota final (extensión entre 2000 e 3000 palabras, excluíndo referencias).
OBSERVACIÓNS Todos os exercicios e traballos serán feitos e escritos en lingua inglesa. Requírese un nivel mínimo C1. A corrección lingüística e o uso formal de convencións no eido da lingüística son indispensables. Xa que logo, erros de tipo gramatical ou ortográficos serán penalizados. Non se tolerará ningún tipo de plaxio, e de cometerse éste será penalizado severamente cun suspenso na totalidade da materia. Alegar descoñecemento non eximirá a/o estudante da súa responsabilidade.
|