O obxectivo principal do curso é familiarizar ao alumnado con perspectivas teóricas e metodolóxicas destacadas na investigación da historia da lingua inglesa atendendo ao cambio e variación lingüísticos. O profesorado facilitará a adquisición das destrezas necesarias para poder analizar criticamente estudos previos neste eido de investigación. Igualmente, proporcionaranse as ferramentas metodolóxicas necesarias para identificar, analizar e interpretar casos concretos de variación e/ou cambio lingüístico na lingua inglesa en distintos niveis de análise (morfosintáctico, fonolóxico, léxico, socio-pragmático, etc.).