Esta materia estuda as perspectivas críticas de análise literario e cultural que se achegan á insterseción de identidades e culturas no mundo anglófono. As literaturas diaspóricas e transnacionais ocuparán un lugar central nesta materia. Todo isto se levará á práctica cun curso monográfico titulado "Trans(cultural) Shakespeares: The Tempest (1611) through a threefold case-study (Taymor 2010, Jarman 1979 and Greenaway 1991)".