Avaliación continua:
A asistencia regular será un requisito indispensable. A participación do estudantado no curso será obxecto da avaliación continua. O alumnado con dispensa especial debe comunicalo ao profesorado nas dúas primeiras sesións do curso.
Ao longo do curso o alumnado terá que completar diversas tarefas prácticas relacionadas cos contidos tratados, tales como a análise de mostras de textos, presentacións, redacción de ensaios, e realización e presentación dun pequeno proxecto de investigación. Na avaliación destas actividades teranse en conta, entre outros, os seguintes factores: a capacidade de síntese da información obtida de distintas fontes, a claridade na exposición das ideas, a precisión no uso da terminoloxía e os conceptos específicos, a implicación nos seminarios e actividades de grupo e cooperativas, o rigor e a orixinalidad na formulación das propostas de investigación, a exhaustividade e puntualidade na realización das tarefas, e a utilización dun estilo académico adecuado.
Os exames finais consistirán nunha serie de preguntas (obxectivas e de desenvolvemento) relacionadas cos contidos do curso.
Alumnado con exención oficial de asistencia:
A avaliación continua basearase na realización de traballos establecidos a través do compoñente virtual do curso. Este estudantado tamén debe someterse ás probas finais escritas ou, alternativamente, completar unha tarefa equivalente (ou conxunto de tarefas) especificada polo profesorado.
Segunda oportunidade e alumnado que retome o curso:
Aplicaranse os mesmos procedementos de avaliación descritos arriba.
Para o compoñente de avaliación continua o alumnado pode ser requerido para repetir unha selección das actividades realizadas ao longo do curso ou para completar algunhas tarefas adicionais.
Na oportunidade de xullo, o alumnado entregará en prazo as actividades adicionais solicitadas polo profesorado, antes de presentarse aos exames escritos.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN:
De acordo cos Artigos 40-42 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e o proceso de aprendizaxe do estudantado, aprobado no claustro do 18 de abril de 2023,
"Enténdese por plaxio, a copia total ou parcial de textos ou doutros elementos (software, imaxes, gráficos etc.) como de elaboración propia sen citar a súa procedencia, incluída a utilización de medios dixitais. Por outro lado, enténdese como fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico."
"As probas ou actividades de avaliación consideraranse realizadas de maneira fraudulenta cando concorran, entre outras, as seguintes circunstancias:
- a. Copia doutros/as estudantes en exames.
- b. Utilización de apuntamentos, libros, materiais ou medios telemáticos non autorizados explicitamente nas probas.
- c. Incumprimento das normas establecidas polo profesorado con antelación á proba.
- d. Comunicación, con calquera medio, con outras persoas, salvo o profesorado responsable da supervisión, durante a realización das probas.
- e. Suplantar ou intentar suplantar un/unha estudante no seu labor propio ou prestar o consentimento para ser suplantado, en relación coas actividades universitarias.
- f. Apoderarse indebidamente do contido de probas, exames ou controis de coñecemento, así como de calquera outro documento que sexa empregado no proceso ensino-aprendizaxe.
- g. Utilizar indebidamente contidos ou medios de reprodución e gravación das actividades universitarias suxeitas a dereitos de propiedade intelectual.
- h. Atribución da realización de traballos individuais, grupais ou de prácticas alleos.
- i. Uso de calquera fragmento extraído directamente de fontes bibliográficas ou outros recursos de información sen indicar claramente a referencia do autoría e traballo orixinal segundo o indicado no articulo anterior.
- j. Alterar, falsificar, subtraer ou destruír documentos académicos, ou utilizar documentos falsos ante a universidade."
"A actuación fraudulenta en calquera proba de avaliación implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente, iso con independencia do valor que sobre a cualificación global desta tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse."
Alegar descoñecemento do que supón o plaxio e a fraude académica non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.