- A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
- A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
- Reconméndase a utilización dos recursos que ofrece a biblioteca para consultar as referencias recomendadas na guía da materia, así como outros recursos bibliográficos que se sinalen nas aulas.
- É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
- Infórmase ao alumnado de intercambio de que o nivel de lingua necesario para o axeitado seguimento das clases desta materia é alto. Consúltese co profesorado as dúbidas neste respecto. |