Recoméndase frecuentar os medios de comunicación francófonos, asistir ás aulas, traballar todos os días.
Para poder seguir a materia recoméndase un nivel A2, e espérase alcanzar un nivel B1.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. |