Esta materia ten por obxectivo ofrecer ao alumnado unha panorámica da tradución nos servizos culturais
(inglés/galego). Centrarase nas necesidades de tradución en ámbitos como: xestión e tradución de
patrimonios culturais, organización de eventos e publicidade. Especial dedicación se prestará a servizos que
atendan a discapacidade: subtitulación para persoas xordas, audiodescrición para persoas cegas e lectura
fácil para persoas con discapacidade cognitiva ou dificultades lectoras en xeral.