Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego
Código
V01G230V01922
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OP
4
2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
López González, Rebeca Cristina
Correo-e
rebecalopez@uvigo.es
Profesorado
López González, Rebeca Cristina
Web
Descrición xeral
O obxectivo primordial desta materia é un achegamento tanto á actividade da tradución audiovisual en si mesma como a todos os aspectos que a rodean e que van influír no traballo do profesional da tradución. Isto será imprescindible para que os futuros tradutores e tradutoras adquiran unha base sólida sobre a que comezar a traballar e para que coñezan polo miúdo e tomen conciencia do factor colectivo desta actividade, primeiro paso para enfrontarse a unha encomenda de tradución audiovisual. Trátase dunha introdución ao campo e á combinación na que se dará unha visión panorámica das principais modalidades e se exporán con maior detimento 2: subtitulación e dobraxe.