Esta materia desenvolve e perfecciona a técnica básica da interpretación simultánea adquirida durante o curso anterior. Diferénciase da materia xeral en tres aspectos principais: (1) a maior extensión dos textos interpretados, (2) a práctica da IS inversa, e (3) a utilización de materiais especializados procedentes do mercado real e que esixen un incrementio substancial das tarefas previas de preparación de congresos. Ademais, utilízanse regularmente vídeos de conferencias reais como material para o traballo no lab de IS.