Esta materia pretende a consecución e consolidación das destrezas comunicativas e lingüísticas en lingua inglesa, prestando especial atención á aprendizaxe de gramática e vocabulario (Use of English: Grammar and Vocabulary) e ás destrezas de comprensión escrita (Reading) e produción escrita (Writing). O curso terá unha orientación práctica.
Os materiais teóricos e prácticos seguirán un nivel avanzado alto C1+, segundo os estándares do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.