Cunha orientación práctica e centrada no uso da lingua, esta materia ten como obxectivo a consolidación das competencias lingüísticas e comunicativas a nivel avanzado superior, prestando atención á aprendizaxe de gramática e vocabulario (Use of English: Grammar and Vocabulary) e ás destrezas de comprensión escrita (Reading) e produción escrita (Writing).
Os materiais teóricos e prácticos parten dun nivel avanzado alto C1/C1+ e preténdese conseguir o nivel superior C2, segundo os estándares do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.