Esta materia pretende a consecución e consolidación das destrezas comunicativas e lingüísticas da lingua inglesa, prestando especial atención á aprendizaxe de gramática e vocabulario (Use of English: Grammar and Vocabulary) e ás destrezas de comprensión oral (Listening) e produción de discurso oral (Speaking). O curso terá unha orientación práctica.
Os materiais teóricos e prácticos seguirán o nivel de usuario competente B2+ e o nivel avanzado C1, según os estándares do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.