É unha materia de nove créditos que se imparte no primeiro cuadrimestre do terceiro curso do grao, co fin de adquirir unha competencia comprensiva e produtiva de estruturas gramaticais básicas tanto na expresión escrita coma na oral da lingua alemá e de introducir ó alumnado na cultura que sustenta dita lingua. Pártese dun nivel cero de coñecementos, pois se ten en conta o feito de que a maioría do alumnado se enfronta por primeira vez á lingua alemá na idade adulta. Esta materia persegue alcanzar o nivel A1.1.