Unha das razóns do interese da materia de Cultura Científica é a importancia do coñecemento e da utilización do método científico, útil non só no ámbito da investigación, senón en xeral en todas as disciplinas e actividades. Ademais, o fomento de vocacións científicas é outra das dimensións ás que esta materia debe contribuír.
Por tanto, requírese que a sociedade adquira unha cultura científica básica que lle permita entender o mundo actual e ser quen de tomar decisións baseadas no coñecemento científico en distintos contextos; é dicir, conseguir a alfabetización científica da cidadanía.
O obxectivo principal é acercar a ciencia ao alumnado, e despertar o pensamento crítico.
Os obxectivos específicos son:
- Provocar inquietudes polo mundo que nos rodea.
- Incentivar a curiosidade científica, e conseguir perderlle o medo as “materias de ciencias”
- Entender o porqué das cousas.