Preténdese analizar discursos literarios centrados nos grandes problemas ambientais de Galicia como consecuencia de determinadas actuacións sobre o territorio (construción de encoros, explotacións mineiras...) e desastres ambientais (incendios, marea negra...).
A través da análise de textos literarios comprobarase como estes reflicten as transformacións producidas no sistema de explotación dos animais e da natureza.