- Ser investigador da vida para a vida.
- Entender a investigación como unha "arte creadora" e atrevernos a "xogar coas ideas".
- Descubrir e valorar as nosas experiencias de vida como forma de coñecemento.
- Decatarse do noso ser creador e como fomos desenvolvéndoo ao longo da vida.
- Comprender os descubrimentos científicos como un aspecto da creatividade.
- Aprender a entender os erros como unha apertura a novos coñecementos.
- Ver a relación entre a ciencia, a investigación, a política, o saber, o coñecemento e como o vivimos nas nosas distintas etapas de vida.
- Atrevernos a continuar a nosa vida-activa-creadora-de-mundos-posibles.
- Aventurarnos a soñar, imaxinar, reflexionar, danzar, debuxar, cantar, tocar, investigar para ampliar as nosas formas de achegarnos ao coñecemento.
Espérase do alumnado que:
- Asista regularmente á clase e participe nos debates.
- Realice un proxecto (individual ou en grupo) no seu contexto de vida (persoal ou da contorna).