Para avaliar esta materia sumaranse, de xeito desigual, tres aspectos:
1. Asistencia participativa a clase;
2. Actividades de comprensión e seguimento;
3. Proba ou traballo final.
As actividades de seguimento estarán guiadas polo profesor a través de fichas ou boletíns, requirirán un traballo mínimo ao longo do cuadrimestre, e permitirán que o/a alumno/a retome, reflexione e afonde sobre o exposto e debatido nas clases (20% da cualificación final).
A proba final (última sesión) será tipo test, e versará sobre contidos básicos dos expostos e debatidos na clase (10% da cualificación final).
100
Outros comentarios sobre a Avaliación
A asistencia a clase estará controlada nas follas de sinaturas, e será necesario a asistencia a mais dun 80 % das clases para obter o aprobado na materia. Con todo, e por riba desa porcentaxe, a asistencia activa e participativa suporá o 70% da cualificación final.