OBXECTIVOS XERAIS
• Comprender as relacións entre ciencia e historia. Comprender (maiormente desde un punto de vista filosófico), a ciencia e a técnica e como procesos histórico-temporais.
• Acadar unha postura crítica sobre os procesos científicos e técnicos. Achegarse a diferentes concepcións críticas sobre a ciencia e a tecnoloxía.
• Pensar as implicacións ético-morais dos procesos científico-técnicos.
• Estimular o pensamento crítico e orixinal. Elaborar unha reflexión orixinal e propia sobre a cultura, e os seus aspectos científico-técnicos en particular.
• Achegarse ao pensamento crítico e filosófico. Aproximarnos e manexar textos filosóficos sobre os temas da materia.
ESPERASE DO ALUMNADO QUE:
• Participe nun debate aberto sobre o que é a ciencia e o lugar que ocupa na realidade humana.
• Coñeza aspectos e fitos claves da ciencia, e da reflexión sobre a ciencia, ao longo da historia.
• Sexa capaz de facer unha reflexión ética autónoma a partir dos coñecementos adquiridos.
• Desenvolva unha reflexión crítica sobre a ciencia e a tecnoloxía.