- Presentar unha introdución á Ecoloxía e o concepto de ecosistema.
- Coñecer unha visión de conxunto dos problemas ambientais de maior relevancia.
- Analizar as noticias de actualidade relacionadas cos problemas medio ambientais.
Espérase do alumnado que:
- Comprenda as diferenzas entre os diferentes ecosistemas e saber diferencialas.
- Teña unha visión dos principais problemas ambientais de maior relevancia.
- Sexa crítico co que le e ve nos medios de comunicación relacionados co medio ambiente.