OBXECTIVOS XERAIS:
• O primordial é que o estudante, tras cursar esta materia, sexa quen de diferenciar que mensaxes son publicitarias das que non, tendo en conta as principais particularidades en función do medio de emisión.
• Por outra banda quérese dar a coñecer o marco legal que regule calquera aspecto relacionado coa publicidade, co obxecto de que o estudante poida distinguir entre o que está permitido e non publicitariamente e, como cidadá/consumidora/ poida actuar en consecuencia.
• Como terceiro eixo vertebrador da materia, tamén se ofrece unha panorámica xeral das técnicas publicitarias máis empregadas en España cunha selección de anuncios que sirvan de exemplo do descrito.
ESPÉRASE DO ALUMNADO QUE:
• Entenda que é e cal é a finalidade da publicidade
• Distinga o que é publicidade doutras formas de comunicación
• Diferencie as distintas formas de presentarse a publicidade ante os ollos do espectador
• Coñeza as novas tendencias e formas do fenómeno publicitario como a publicidade e o marketing dixital
• Discirna entre o que é lícito e non en publicidade e como pode actuar para esixir os seus dereitos como consumidor/a esas accións