OBXECTIVO XERAL:
Esta materia ten como obxectivo conseguir os coñecementos tanto técnicos coma teóricos para poder realizar boas fotografías.
ESPÉRASE DO ALUMNADO QUE:
Aprenda a entender o funcionamento dunha cámara de fotos tanto sexa coa do noso smartphone ou cunha cámara externa.
Coñeza tanto a nivel técnico coma teórico os principios necesarios para poder realizar boas fotografías.
Adquira coñecementos do traballo coa luz e aprenda a compoñer imaxes.