Denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como: MED_CON = 0.1 * F+ 0.3 * AV + 0.25 * EO + 0.2 * P + 0.15 * EP Será necesario obter unha calificación mínima dun 50% para superar a materia. No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación (convocatoria extraordinaria) nas datas establecidas a tal efecto pola Comisión Académica de Máster. O proceso de avaliación desta segunda convocatoria realizarase na modalidade a distancia, seguindo o indicado a continuación: Actividades de autoavaliación (test teoría) - 60% Actividades de autoavaliación (test prácticas) - 40% COMPROMISO ÉTICO: Espérase que o alumnado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado da Universidade de Vigo, o emprego de procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a calificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a calificación global tivese a proba en cuestión e sen perxuicio das posibles consecuencias de índole disciplinaria que puidesen producirse . No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español. |