Se denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como: MED_CON = 0.1*P1 + 0.1*P2 + 0.1*P3 + 0.05*ES + 0.25*T + 0.4*EF. Para superar a materia, será necesario obter o 50% da cualificación e polo menos un 4 sobre 10 no exame final. A nota de avaliación continua dos alumnos que non obteñan polo menos un 4 sobre 10 no exame final calcularase como: MED_CON_FINAL = min(4, MED_CON). No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na
convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación
(convocatoria extraordinaria) que se realizará na modalidade a distancia nas
datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. A
avaliación consistirá nese caso nunha única proba escrita que suporá o
100% da cualificación, sendo necesario obter polo menos o 50% para superar
a materia. COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. No
caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés
relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en
español. |