Prácticas con apoio das TIC |
Actividades de aplicación dos coñecementos nun contexto determinado e de adquisición de habilidades básicas e procedementais en relación coa materia, a través do uso do TIC. Permiten avaliar os coñecementos e habilidades do alumno/a. Avaliaranse mediante entregables. Realizaranse 6 entregables na fase a distancia (subiranse á plataforma os enunciados por parte do profesor e o alumno terá que subir a resolución) pertencentes aos siguintes temas:
- E1: exercicio de aplicación das 5 forzas de Porter (tema 1) (10%),
- E2: actividades 1, 2 e 3 (tema 2) (15%),
- E3: exercicio (tema 3) (5%),
- E4: actividades 1, 2 e 3 (tema 4) (15%),
- E5: exercicio (tema 5) (12.5%) e
- E6: cuestionario de preguntas sobre RRHH-gestión do talento (tema 6) (10%). |
67.5 |
A7 A8 A9 A10
|
B1 B3 B6
|
C1 C2 C3 C4
|
D1 D3
|
Presentación |
Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo, dun tema relacionado cos contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. A través da presentación pódense avaliar coñecementos, habilidades e actitudes. Abordarase a exposición por parte do alumno dos siguintes exercicios na fase presencial (pertencentes ao tema 5):
- P1: exercicio 1 presentado por grupos “Debate CIO” (10%),
- P2: exercicio 2 presentado por grupos “Mapa estratéxico” (10%) y
- P3: traballo final na fase presencial e individual “Qlik Sense” (12.5%). |
32.5 |
A7 A8 A9 A10
|
B1 B3 B6
|
C1 C3
|
D1 D3
|
Denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como: MED_CON = 0.1 * E1 + 0.15 * E2 + 0.05 * E3 + 0.15 * E4 + 0.125*E5 +0.1*E6 + 0.1*P1 + 0.1*P2 + 0.125*P3 Será necesario obter, polo menos, o 50% da cualificación para superar a materia. No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación (convocatoria extraordinaria) nas datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. A avaliación en devandita convocatoria extraordinaria consistirá nunha única proba escrita, que se realizará na modalidade a distancia, a cal suporá o 100% da cualificación, sendo necesario obter polo menos o 50% para superar a materia.
COMPROMISO ÉTICO: Espérase que o alumnado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado da Universidade de Vigo, o emprego de procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a calificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a calificación global tivese a proba en cuestión e sen perxuicio das posibles consecuencias de índole disciplinaria que puidesen producirse . No
caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés
relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en
español. |