O obxectivo principal da materia é dotar ao alumnado do coñecemento dos principios da Teoría de Máquinas e Mecanismos, competencia recollida da Orde Ministerial CIN/351/2009 que establece os requisitos para a verificación dos graos que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial. Esta materia aborda dita competencia e permite o desenvolvemento de competencias relacionadas en materias posteriores.