O coñecemento da electricidade, do seu uso e das súas proteccións é básico para o desenvolvemento de calquera enxeñeiro, independentemente da súa rama. É por iso que Fundamentos de Electrotecnia representa un dos alicerces do coñecemento do futuro técnico, e dado o seu amplo espectro, conterá unha parte teórica e outra eminentemente práctica.
O obxectivo principal desta materia é transmitir os conceptos fundamentais da Teoría de Circuítos e as Máquinas Eléctricas para a súa aplicación no deseño de sistemas de distribución eléctrica e circuítos electrónicos. Estes conceptos representan o fundamento da Electrotecnia que agrupa diferentes aspectos e ciencias técnicas como son, entre outras, a Electrónica, a Electricidade de Potencia, o Control e Regulación, os Sistemas Automáticos e as Máquinas Eléctricas. Todo iso, forma a base do actual campo de actuación da electricidade industrial.