Esta materia enmárcase dentro do módulo de Formación Básica e nela preténdese dar aos alumnos unha visión global das empresas, adquirindo unha serie de coñecementos que os aproxime á realidade empresarial para a súa aplicación práctica.
Preténdese que os alumnos sexan capaces de elixir a forma xurídica máis axeitada ás necesidades dun proxecto empresarial, analizando a contorna da actividade e que así sexan capaces de deseñar a estrutura organizativa e a estratexia empresarial máis axeitada para a consecución dos obxectivos a través da xestión das persoas que a integran, tomando decisións acordes co nivel de información dispoñible.
Así mesmo, preténdese que poidan elixir o financiamento máis conveniente e utilizar técnicas de produción e comercialización.
Búscase alcanzar estes obxectivos para proseguir e abordar a formación noutras materias de cursos posteriores e para poder exercer as capacidades desenvolvidas coa aprendizaxe da materia. De forma específica, búscase que o enxeñeiro e Oficial da Armada coñeza os ámbitos xurídico-económicos para desempeñar correctamente as súas funcións como administrador de fondos públicos.