O cálculo da nota de cada un dos apartados anteriores obterase
realizando unha media ponderada entre a nota do Bloque de Álxebra (60%) e
o Bloque de Estatística (40%).
No caso de que un alumno non alcance un 4.0 nalgún dos bloques (Álxebra e
Estatística) do exame final de avaliación continua ou non asista a
algún dos puntuables descritos na sección de avaliación, deberá
presentarse ao exame ordinario para superar a materia.
Tanto no exame ordinario como no extraordinario (exame de xullo)
avaliaranse todas as competencias da materia.
Para superar a materia, é necesario alcanzar un 5 en cada un dos Bloques
(Álxebra e Estatística) por separado, sendo 4.5 a nota máxima dun
alumno que teña un bloque suspenso.
COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. |