Durante a impartición da materia farase continuamente mención a fundamentos da Mecánica de Fluídos que se asumen que o alumno domina. En caso de dificultades recoméndase que os alumnos refresquen coñecementos adquiridos e acudan a titorías.
Para que se poida cursar con éxito a materia é recomendable que os alumnos posúan:
*Capacidade de comprensión escrita e oral ben desenvolvida.
*Capacidade de abstracción e síntese da información.
*Destrezas para o traballo en grupo e para a comunicación grupal. |