Guia docente 2023_24
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Máquinas de fluídos
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas No ámbito da acción tutorial, distínguense accións de tutoría académica, así como de tutoría personalizada. No primeiro dos casos, o alumnado terá á súa disposición horas de tutorías nas que pode consultar calquera dúbida relacionada cos contidos, organización e planificación da materia, etc. As tutorías poden ser individualizadas, pero fomentaranse tutorías grupais para a resolución de problemas relacionados coas actividades a realizar. Nas tutorías personalizadas, cada alumno, de maneira individual, poderá comentar co profesor calquera problema que lle estea impedindo realizar un seguimento adecuado da materia, co fin de atopar entre ambos algún tipo de solución. Conxugando ambos os tipos de acción tutorial, preténdense compensar os diferentes ritmos de aprendizaxe mediante a atención á diversidade. O profesor da materia atenderá persoalmente as dúbidas e consultas dos alumnos, tanto de forma presencial baixo demanda, na biblioteca de guardiamarinas, como a través de medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de Moovi, etc.).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000