Esta materia enmárcase dentro do módulo Común á Rama Industrial, e nela perséguese dotar ao alumnado dunha formación básica, tanto teórica como práctica, sobre os conceptos fundamentais dos dispositivos, circuítos e sistemas electrónicos analóxicos e dixitais, os sensores electrónicos e a electrónica de comunicacións.
O obxectivo é familiarizar ao alumnado co funcionamento e as aplicacións dos distintos tipos de dispositivos e circuítos electrónicos analóxicos (diodos, transistores e amplificadores) e dixitais. As clases de aula utilizaranse para a introdución dos conceptos teóricos, que se complementarán con distintas prácticas de laboratorio e a resolución de problemas durante as sesións de tutoría e os seminarios.