Unha maior preocupación polo mellor uso dos fondos públicos así como unha maior orientación das administracións públicas cara ao servizo á cidadanía indican a cada vez maior presenza de técnicas de xestión de persoas que, inspiradas no sector privado, aplícanse nas organizacións públicas.
Os cambios consistiron sobre todo na concienciación de que as prácticas en materia de emprego e de retribucións, os métodos de traballo, os resultados e a actitude do persoal, así como os demais aspectos da xestión de persoas, inflúen directamente na eficiencia e eficacia das administracións públicas.
Por iso o programa que a continuación se presenta pretende contribuír, ou polo menos presentar, os
instrumentos que se poden aplicar neste tipo de organizacións.
Materia do programa English Friendly.
Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.