Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
 Materias
  Dirección pública profesional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Instrucción programada Visionado e contestación a unha serie de preguntas sobre unha conferencia relacionada coa Dirección Pública profesional 15 B3
B5
C5
D2
D5
Foros de discusión Debate presencial sobre un tema relacionado co materia, formando parte do proxecto de creación del "Club de Debate" de la Facultade de Dirección e xestión Pública 5 A2
A3
A4
B3
B5
D2
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de tres exercicios relacionados coa temática da materia 30 B3
B5
C5
D1
D2
D5
Exame de preguntas obxectivas Un test para avaliar as competencias adquiridas do alumnado. Por cada 3 preguntas mal contestadas restarase 1 pregunta ben. 25 B1
B5
C6
D1
D2
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Unha parte de preguntas de desenvolvemento ou de comentario de texto, na que o alumnado deberá demostrar a asimilación do contido das competencias. 25 B1
B5
C6
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir entre unha modalidade de avaliación global ou de avaliación continua (art. 19 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado).

O alumnado que opte pola modalidade de avaliación global realizará unha única proba final na data oficial establecida, que suporá o 100% da cualificación da materia.

Para considerar superada a materia, o alumnado que opte pola modalidade de Avaliación Continua deberá acadar, como mínimo, o 40% do total da puntuación de cada unha das probas que se realicen.

Na convocatoria de segunda oportunidade (extraordinaria) gardaranse as notas das probas de avaliación continua, sendo o exame similar ao da convocatoria ordinaria, é dicir, tipo test de resposta corta penalizando as erróneas e un exame de preguntas de desenvolvemento.

Faranse todas aquelas adaptacións que sexan precisas para atenderás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000