A información sobre as actividades avaliativas está
dispoñible no espazo da materia no campus virtual, baixo a etiqueta Avaliación
de cada tema. É condición indispensable para a realización da avaliación
final da materia, a obtención do polo menos 0,5% en cada un dos puntos (Probas
tipo test, Prácticas e Estudios de casos). Como se expresou en apartados anteriores, ao longo do curso
realizaranse 3 probas cunha ponderación ou valor das Probas = Probas Tipo Test
(40%) + Prácticas (Resolución de Problemas) (30%) + Estudio de casos (30%). Na convocatoria ordinaria e na
convocatoria extraordinaria, abrirase un decreto para que o alumnado se poida
someter a estas probas a través de avaliación continua, logo da data oficial
pola Facultade establecida para o "exame final". Desta maneira existe
a posibilidade de realizar a avaliación (continua e/ou avaliación global) na
convocatoria ordinaria e na convocatoria extraordinaria. Na convocatoria
extraordinaria (xuño/xullo) aplicaranse os mesmos criterios sinalados para a
convocatoria ordinaria ou primeira convocatoria, excepto no relativo ás
metodoloxías ABP, ApS e Proxecto de innovación da Facultade, as cal se deberán realizar
na 1ª convocatoria ou convocatoria ordinaria (de setembro a decembro). O
alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda
convocatoria) a partir da adaptación que destas actividades realice o docente e
cuxo contido será colgado da plataforma. Esta materia é
English Friendly, o cal supón o seguinte compromiso: A materia impártese en
castelán pero a docente traduciu a guía docente ao inglés; Facilitaranse
materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés,
atenderanse as titorías en inglés, si así o demandase o estudante
internacional, e deseñaranse e implementaranse probas e avaliacións en inglés
(todo isto realizarase si así o demandase o estudante internacional). Será requisito necesario
para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer
dunha FOTOGRAFÍA actualizada* do alumnado que deberán subir á plataforma a
comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro. (*) A única finalidade do
tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a
identidade do alumnado matriculado na mesma. A base de lexitimación
para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo
6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poderes
públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei
39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das
administracións públicas e no artigo 25.7 do RD 1791/2010, de 30 de decembro,
polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso á imaxe e aos
datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a
realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán
utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o
correspondente deber de confidencialidade dos mesmos. |