O traballo e o portafolio podrán ser entregados ata unha semana despois do final da materia. Convocatoria ordinaria: O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continuacomunicándoo ao coordinador da materia no prazo establecido. De ser así, a avaliación será: un traballo o 40% da nota e un exame do contido práctico que supoñerá o 60% restante. Para aprobar a materia débense ter superados de forma independente ambas as partes. Para superar a materia, o alumnado debe ter superado deforma autónoma todos os apartados de avaliación e ter asistido ao 80% das clasesprácticas. A non asistencia ás prácticas supón a perda á avaliación continua. O alumnado que teña algunha das partes aprobadas conservaráa parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo curso académico. 2ª oportunidade: O alumnado poderá presentarse ao exame do 100% en 2aconvocatoria do mesmo xeito que se renunciase á avaliación continua. Para aprobar a materia, o alumnado deberá superar de formaautónoma o exame teórico e práctico. *Nalgunha das convocatorias, se o alumno obtén unha notanumérica superior a 5, pero non reúne os requisitos establecidos para superar amateria, terá unha nota de 4,5 (suspenso). En caso de cualificación inferior,darase a cualificación obtida. |