Esta materia ten un marcado carácter instrumental estando moi ligada ao traballo de fin de grao. A súa situación no plano de estudos favorece este obxectivo. Os métodos e modelos de investigación son relevantes no campo da Fisioterapia para o exercicio profesional, no que respecta á análise cuantitativa e cualitativa da información. Ademais, proporcionan ferramentas básicas para comprender aspectos da investigación en Fisioterapia. O profesorado da materia pertence o Departamento de Biología funcional e Ciencias da Saúde e o Departamento de Estatística e IO.