Inglés para Ciencias da Saúde é un curso para futuros/as fisioterapeutas que necesiten comunicarse cós/ás pacientes en inglés. O curso céntrase nas habilidades lingüísticas e comunicativas que os/as fisioterapeutas necesitan para que as consultas sexan máis eficaces.
Tamén proporciona amplas oportunidades para que os/as estudantes tome conciencia e practique a lingua inglesa en escenarios simulados. Para iso, este curso ensina ao alumnado a desenvolverse diferentes situacións comunicativas, como recibir ó/á paciente, elaborar un historial clínico, examinar a un/ha paciente, describir as opcións de tratamento etc.
O seu enfoque integrado das destrezas comunicativas desenvolve a autoconfianza do alumnado para levar a cabo con éxito encontros profesionais dentro dunha comunidade global de fala inglesa.