Os/as estudantes que opten por avaliación continuada serán avaliados tal e como se describe arriba e coas porcentaxes indicadas: - exame tipo test a mediados de outubro, sempre que os contidos se tivesen impartidos. - exame de preguntas de desenvolvemento ao final do cuadrimestre (novembro-decembro), sempre que os contidos se tivesen impartidos. - exame práctico 1, ao final do cuadrimestre (decembro). Para presentarse a este exame, o/a estudante tivo que presentarse, previamente, aos dous exames teóricos. - exame práctico 2, na data oficial correspondente á materia (xaneiro). Ao alumnado que non supere a materia, gardaráselle a parte superada para a convocatoria de segunda oportunidade do mesmo ano académico (parte superada significa ter un 5 de 10 ou máis en cada unha das partes que conforman a avaliación, o que supón, cando menos, ter 0,75 puntos no exame tipo test, 1,25 nos exames teórico e práctico de decembro, e 1,75 puntos no exame práctico de xaneiro). No caso de que o/a alumno/a non aprobe cada unha das partes da materia, e aínda que a media dea unha cualificación de aprobado, suspenderá a materia e se lle porá no acta unha cualificación de 4,5.
Por outra banda, aqueles/as estudantes que decidan optar por unha avaliación global, esta inicialmente farase nas datas oficiais da materia (xaneiro) e constará de: - un exame teórico de preguntas de desenvolvemento de 8 preguntas curtas e unha duración máxima de 90 minutos. Neste exame, tódalas preguntas terán o mesmo valor (valoraranse de 0 a 10 puntos cada unha delas). O valor deste exame será dun 40% do total da cualificación da materia. - un exame práctico de 4 supostos realizado coas mesmas condicións que as descritas na avaliación continua e gardando o mesmo peso na cualificación global do exame práctico descrita nela. O valor deste exame será dun 60% do total da cualificación da materia.
Ao igual que no caso da avaliación continua, para poder superar a materia o/a estudante terá que aprobar cada un destes exames (obter un 5 de 10 ou máis en cada un deles, o que supón, cando menos, ter 2 puntos no exame teórico e 3 no exames práctico), no caso de que non supere a materia, gardaráselle a parte superada para a convocatoria de segunda oportunidade do mesmo ano académico, e, no caso de que o/a alumno/a non aprobe cada unha das partes da materia, e aínda que a media dea unha cualificación de aprobado, suspenderá a materia e se lle porá no acta unha cualificación de 4,5.
A Guía Docente segue o "Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e acalidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado", aprobado no Claustro do 18 de abril de 2023, así como as adaptacións específicas para o Grao en Fisioterapia determinadas pola Xunta de Centro.
|