Esta materia aborda o coñecemento das relacións entre o cine e a publicidade desde as orixes da imaxe animada. Faise un estudo dos elementos técnico-narrativos da dirección en cine e que son de referencia na dirección de cine publicitario. Evolución histórica de directores, cinematografías e estilos e as súas influencias na imaxe publicitaria audiovisual. Influenzas creativas na publicidade dende outros eidos artísticos. Análise dos elementos técnico-narrativos-estéticos en propostas fílmicas e spots concretos. Materia de carácter optativo, impartida en castellano.