Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B2 |
Competencia interpretativa da comunicación: capacidade de analizar os elementos da comunicación e xerar os coñecementos nesta disciplina. |
C10 |
Coñecemento teórico e práctico das técnicas de xestión en empresas de comunicación. |
C14 |
Destrezas directivas e colaborativas: capacidade e habilidade para responsabilizarse da área de comunicación dunha organización, afrontando a xestión estratéxica dos seus intanxibles, a responsabilidade social corporativa e as relacións con diferentes públicos. |
D1 |
Competencias interpretativas da comunicación: capacidade de recoñecer implicacións éticas en decisións profesionais. |
D2 |
Competencias creativas: capacidade para a creatividade, a innovación e a adaptación ao cambio. |
D3 |
Competencias colaborativas: capacidade de adaptación aos obxectivos e valores organizativos e de traballo en equipo. |
D4 |
Competencias directivas: capacidade para administrar o tempo, con habilidade para a organización de tarefas. |