Para solicitar atención personalizada mediante titoría, o/a estudante deberá enviar unha mensaxe por correo electrónico ó/á docente, co asunto "Titoría". O/A docente indicaralle a data e a hora asignadas á titoría solicitada tamén mediante unha mensaxe por correo electrónico. Nos exames/probas desta materia non se permitirá o uso de auriculares, nin de dispositivos con capacidade de acceso a internet. Tampouco se poderán utilizar calculadoras programables, nin calculadoras con capacidade gráfica. Para a
realización dos exames/probas desta materia que teñan lugar na data que se estableza no calendario
oficial de exames de cada convocatoria, o/a estudante deberá dispoñer de 4
horas para a súa realización, a partir da hora oficial de inicio do exame establecida para esta materia. Na plataforma Moovi facilitarase información sobre as titorías, os exames/probas de avaliación e o contido desta materia. É responsabilidade de cada estudante acceder á referida información, así como recompilar toda aquela información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. Esta materia divídese en dous partes: - A primeira parte, Análise Estatística, comprende os temas 1-5. Impartirase dende o inicio do período docente do primeiro cuadrimestre ata o 28 de outubro de 2023 (incluído). - A segunda parte, Administración Pública, comprende os temas 6-9. Impartirase dende o 29 de outubro de 2023 (incluído) ata o final do período docente do primeiro cuadrimestre. Establécense dúas modalidades de avalación para a primeira oportunidade: avaliación continua e avaliación global. A avaliación por defecto para cada estudante, na primeira oportunidade desta materia, é a avaliación continua. Para que un/unha estudante poda optar á avaliación global nesta materia na primeira oportunidade, deberá informar ó/á docente encargado/a da primeira parte da materia da súa renuncia expresa ó sistema de avaliación continúa nesta materia na primeira oportunidade, para o que deberá cubrir e asinar o documento habilitado polo centro para tal fin e enviarllo por correo electrónico ó/á docente encargado/a da primeira parte da materia, dentro do plazo establecido polo centro. A avaliación para cada estudante, na segunda oportunidade e na convocatoria de fin de carreira desta materia, farase mediante avaliación global. A) Primeira oportunidade A1) Avaliación continua (100%): En caso de non renunciar á avaliación continua, o/a alumno/a deberá realizar as actividades e probas que se indican a continuación: - Resolución de problemas: Terán un peso total do 10% na nota final da materia. Para que un/unha estudante poda optar á puntuación máxima neste apartado, deberá resolver de forma correcta os exercicios que se propoñan na parte de Administración Pública e entregalos no prazo que se estableza dentro do período de docencia presencial. - Prácticas de laboratorio: Terán un peso total do 10% na nota final da materia. Para que un/unha estudante poda optar á puntuación máxima neste apartado, deberá asistir como mínimo ó 85% das horas de clases interactivas da parte de Análise Estatística, así como resolver de forma presencial na aula e de forma correcta os exercicios que se propoñan. Se un/unha estudante non acada o 100% da nota desta actividade por non ter asistido ó mínimo de horas indicado, por causas xustificadas e debidamente acreditadas, poderá optar a realizar a proba de resolución de exercicios prácticos da parte de Análise Estatística, que se fará na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. Nesta proba, o/a estudante deberá aplicar os programas informáticos utilizados nas prácticas de laboratorio e a nota que se lle asigne ó/á estudante nesta proba será a súa nota final nas prácticas de laboratorio nesta convocatoria. - Exame de preguntas de desenvolvemento da parte de Análise Estatística: Terá un peso total do 40% na nota final da materia. Realizarase este exame na última sesión de clase desta parte da materia. Despois de realizarse e avaliarse este exame, un/unha estudiante podrá volver a facelo na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. Nese caso, a nota que se lle asigne ó/á estudante neste último exame será a súa nota final no exame desta parte da materia nesta convocatoria. - Exame de preguntas obxectivas da parte de Administración Pública: Terá un peso do 40% na nota final da materia. Realizarase este exame na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. Observacións sobre a avaliación continua: De acordo co baremo establecido para esta modalidade, a cada parte da materia se lle asigna un peso total do 50% na nota final da materia. Para que un/unha estudante supere esta materia mediante avaliación continua, deberá acadar como mínimo unha nota de 5 puntos sobre 10 en cada parte da materia. No caso de que un/unha estudante obteña unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 nunha parte da materia, pero non na outra, a nota final que recibirá na materia nesta convocatoria será o valor mínimo destas dúas notas. No caso de que un/unha estudante obteña notas inferiores a 5 puntos sobre 10 nas dúas partes da materia, a nota final desta materia nesta convocatoria será o promedio de ambas notas. A2) Avaliación global (100%): O/A alumno/a deberá realizar as probas e exames que se indican a continuación: - Exame de preguntas de desenvolvemento da parte de Análise Estatística: Terá un peso do 40% na nota final da materia. Realizarase este exame na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. - Exame de preguntas obxectivas da parte de Administración Pública: Terá un peso total do 50% na nota final da materia. Realizarase este exame na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. - Proba de resolución de exercicios prácticos da parte de Análise Estatística: Terá un peso total do 10% na nota final da materia. Realizarase esta proba na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. Para a resolución destes exercicios prácticos, o/a estudante deberá aplicar os programas informáticos utilizados nas prácticas de laboratorio. Observacións sobre a avaliación global: De acordo co baremo establecido para esta modalidade, a cada parte da materia se lle asigna un peso total do 50% na nota final da materia. Para que un/unha estudante supere esta materia mediante avaliación global, deberá acadar como mínimo unha nota de 5 puntos sobre 10 en cada parte da materia. No caso de que un/unha estudante obteña unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 nunha parte da materia, pero non na outra, a nota final que recibirá na materia nesta convocatoria será o valor mínimo destas dúas notas. No caso de que un/unha estudante obteña notas inferiores a 5 puntos sobre 10 nas dúas partes da materia, a nota final desta materia nesta convocatoria será o promedio de ambas notas. B) Segunda oportunidade e fin de carreira: Utilizaranse os mesmos criterios que na avaliación global da primeira oportunidade. |