O propósito desta materia é adquirir as ferramentas lingüísticas que capaciten os estudantes para:
(a) adoptar posicións sensibles e intelixentes con relación ó mundo e ás linguas,
(b) favorecer a expresión en galego do pensamento crítico, independente, orixinal e tolerante, e
(c) desenvolver a racionalidade e a creatividade mediante o exercicio da lingua, tanto na práctica oral coma escrita.