O sistema de avaliación da materia apóiase en dous elementos: a) Superación da parte práctica, coa realización das actividades programadas. (4 puntos). b) Superación da parte teórica, mediante unha proba que se realizará na data sinalada polo centro, de maneira presencial ou no seu caso a través do campus remoto e/ou a plataforma de teledocencia. (6 puntos) É requisito indispensable para sumar a parte práctica (estudo de casos e resolución de exercicios) polo menos sacar un 4 sobre 10 puntos no exame teórico. 2ª CONVOCATORIA 1. A forma de avaliación na convocatoria de xuño é a mesma que en xaneiro. a) Non existe posibilidade de mellorar a nota da parte práctica para a convocatoria de xuño, xa que se trata de actividades programadas ao longo do curso. b) Se a materia non é superada nesta convocatoria, o alumno ou alumna deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso. DATAS EXAMES E PUBLICACIÓN DE NOTAS: As datas dos exames, segundo o calendario oficial aprobado polo centro están expostas no taboleiro oficial da EE Forestal e na web http://forestales.uvigo.es/gl/ A publicación das notas provisionais farase na Secretaría Virtual e no taboleiro do centro. |