A asistencia ao Seminario é obrigatoria. A avaliación global da materia resultará da integración das distintas notas da avaliación continua. O alumnado deberá ter superado o 50% da materia para poder obter unha cualificación positiva. O alumnado que non realice todas as actividades de avaliación obterá unha cualificación final de SUSPENSO. Na avaliación de segunda oportunidade avaliarase mediante un único exercicio escrito sobre os contidos da materia.