O alumnado que siga a avaliación continua terá que entregar todos o traballos, exercicios e probas para ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria. Para superar a materia será necesario obter unha media de 5 calculando as porcentaxes detalladas en cada un dos bloques de avaliación. É imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos bloques para que se proceda a calcular a nota media. Os alumnos/as que non tiveran asistido ou non cubran a porcentaxe obrigatoria de asistencia durante o curso académico ordinario, deberán superar una proba de contidos teóricos que lles dará dereito á valoración do resto de entregas. De non ter superada a materia en primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria. O alumnado que opte pola modalidad non presencial, (avaliación global) deberá superar unha proba escrita de contidos mínimos teóricos que lle dará dereito á valoración do resto de entregas. Para coñecer o detalle dos contidos e avaliación das entregas terán que contactar, ao inicio da materia, co profesorado responsable concertando tutorías. SEGUNDA CONVOCATORIA No caso de alumnos/as, que aínda asistindo regularmente a clase e presentando as entregas parciais puntualmente non logren superar a materia, deberán presentar na segunda convocatoria so aquelas entregas nas que non alcanzasen a nota mínima de 5. As notas das partes aprobadas conservaráselles durante unha convocatoria, igualmente se procederá coas probas cos alumnos/as que presentándose a avaliación global en 1ªconvocatoria non teñan superado a materia. As datas de exames pódense consultar na web da facultade no apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames/ |