OUTRAS VIAS: No caso de ausencia forzosa do docente, ou de confinamento as tarefas e contidos poderán ser abordados por vía Telemática, tanto a través de MOOVI, como do campus remoto, ou do despacho virtual 1354. O USO DE TRADUCTORES AUTOMÁTICOS PARA A REALIZACIÓN DAS TAREFAS ESTÁ TOTALMENTE PROHIBIDO. O INCUMPRIMIENTO DESTA NORMA SUPON A PERDA DOS DEREITOS DA AVALIACIÓN DE TODOS OS MEMBROS DO GRUPO AUTORES DO TRABALLO DURANTE TODO O CURSO ACADÉMICO. Tanto na clase presencial como na virtual, a gravación de calquera integrante da materia está totalmente prohibida excepto permiso explícito.
AVALIACIÓN: Posto que a materia ten dúas partes diferenciadas, a avaliación terá unha parte centrada na didáctica e outra na lingua. A avaliación na primeira convocatoria será continua. Por tanto a realización de todas as tarefas obrigatórias nas datas propostas é imprescindible para superar a materia. Avaliación global: Todo o alumnado que non poda optar pola evaluación continua ten derrito a ser avalado mediante un exame que constará duhna proba escrita (70) e outra oral (30). A proba oral durará 10 minutos e será una conversa en inglés sobre puntos de interese didáctico dos contos e a película recomendados. A data das probas será a data oficial para os exames que se recoge na páxina web da facultade (www.fcced.webs.uvigo.es) no apartado de organización académica. Os alumnos que no podan asistir as aulas e que queran acollerse a evaluación continua deberán facer as tarefas e as presentacións obrigatórias nas datas establecidas. Unha vez que o alumno se acolle á evaluación continua, de non facer TODAS as tarefas obrigatorias, será calificado como non presentado na primeira convocatoria. A asistencia ás exposicións dos compañeiros é obrigatoria xa que haberá que avalialos. Durante o cuadrimestre os alumnos deberán ler os contos de lectura obrigatoria e ver a película que se recomenda na bibliografía.
Calquera situación extraordinaria comunicarase ao profesorado para a súa consideración. De non ter superada a materia na primeira convocatoria, o alumnado poderá presentarse á segunda convocatoria de xullo. Tarefas obrigatorias para a evaluación continua: Exposición 1, dramatización da secuencia AICLE (20 puntos), exposición 2, advert (15 puntos), exposición 3, Karaoke (20 puntos); traballo escrito (25 contido+5 inglés), exame oral (20 puntos).
SEGUNDA CONVOCATORIA: Se o alumnado non pode cumprir os requisitos da avaliación continua ou se non acadara os puntos necesarios para superar a materia durante a evalución continua, poderá presentarse á segunda convocatoria. Neste caso será avaliado cun único exame en inglés con probas escritas e orais (70+30). A proba escrita estará relacionada cos contidos do programa, con cuatro tarefas de carácter teórico e supostos prácticos. De aprobar a escrita, farase unha proba oral, na que o estudante deberá conversar durante 10 minutos sobre puntos de interese didáctico da película obrigatoria e os contos obligatorios. A data do exame escrito será a da data oficial fixada polo centro para a segunda convocatoria no apartado de organización académica (www.fcced.webs.uvigo.es). As datas dos exames orais acordaranse segundo as posibilidades de horarios do centro e do alumnado que aprobase o exame escrito.
No estado de confinamento as probas pasarán a ser todas orais. o alumnado terá 4 probas con 25 puntos cada unha: 3 supostos e unha charla sobre os contos a a película obligatorios.
VÍDEOS DE TRABALLO:
Once upon a time LIFE. The fantastic story of the human body. Serie de vídeos sobre o corpo humano.
FILME OBRIGATORIO: School of rock. 2003. Dir. Richard Linklater
CONTOS LECTURA OBRIGATORIA: Burns, Marilyn (2008). The greedy triangle. Scholastic bookshelf Manley, Heather (2015). The Human Body detectives. (story 1 and 2). Heather Manley N.D. Silverstein, Shel (2005). The giving tree. UK: Harper Collins |