Esta materia proporcionaralle ao futuro docente os coñecementos e recursos máis acaídos para favorecer o desenvolvemento das competencias lingüísticas e literarias do alumnado de Educación Primaria. Nela ofreceranse referencias científicas, liñas metodolóxicas, experiencias reais, propostas de avaliación, recursos diversos etc. que contribúan á formación dun docente coa capacidade necesaria para afrontar o proceso de ensino-aprendizaxe desde unha perspectiva plural e sen perder de vista o vínculo co contexto social máis próximo.