A materia propón unha achegamento introductorio á didáctica da educación musical na etapa da educación infantil a través dos diferentes ámbitos de acción da música: a formación vocal e auditiva, a formación rítmica, a formación instrumental e o traballo coas cualidades do son fundamentais nesta etapa inicial.
Nesta materia, o alumnado de diferentes cursos e o profesorado programará unha planificación interdisciplinar que permitirá ao alumnado experimentar un cambio metodolóxico que facilite a aprendizaxe por competencias para adaptarse a unha sociedade en constante cambio.
O obxectivo deste proxecto é analizar a posibilidade de establecer unha estrutura curricular específica no currículo do profesorado de educación infantil e primaria o que permita observar a viabilidade da nova planificación educativa, vinculando o deseño do currículo nas diferentes disciplinas Esta estrutura trata de converter o proceso educativo nunca aprendizaxe funcional, de forma que o futuro docente traballe cunha metodoloxía interdisciplinar que despois deberá aplicarse na aula.